Novos creadores de Castela e León e Galicia expoñen as súas obras no Centro Coordinador de Xuventude de Santiago | ![]() |
![]() |
Sábado, 12 Xuño 2010 14:23 |
As obras de Pintura, Escultura e Fotografía de autores galegos que se expoñen pertencen aos gañadores da especialidade de artes plásticas do Certame Galego de Creadores Novos 2009 da Dirección Xeral de Xuventude, que contou cun total de 11 especialidades e con máis de 300 obras a concurso. O certame contou coas especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis e deseño de xoias. A dirección xeral de Xuventude e Voluntariado marcouse coma un dos obxectivos para esta lexislatura a promoción e difusión da creatividade xuvenil, como expresión do enorme talento que atesoura a mocidade galega. Promover aos xóvenes valores emerxentes non só en Galicia, senón tamén no resto do ámbito nacional e mesmo internacional. Este é un primeiro paso que marcará a nosa tendencia futura. En canto ao programa Arte Joven de Castilla y León é una iniciativa pioneira en España, que está moi ben dimensionada para favorecer a creatividade xuvenil, xa que non se queda nunha mera convocatoria de premios anuais, senón que tamén se programan cursos, unha rede de exposicións por toda a comunidade e un gran centro "Hangar de Arte Joven" en Miranda de Ebro, que se concibe como un lugar de traballo, encontro, formación, creación e promoción para os artistas novos Castelán-Leoneses. | Pola parte galega, os autores das obras de arte
expostas son: a pintora Beatriz Suárez Saa, coa obra Autorretrato; Rodrigo
Currás Torres, coa escultura Monte queimado, monte fechado; e a fotógrafa
Julia Arnada Girón, con tres instantáneas sen título.En conto aos artistas
casteláns, o Instituto de la Juventud organizou esta exposición de
fotografía artística de novos creadores baixo o título "Jóvenes Fotógrafos
de Castilla y León en los Hitos del Camino de Santiago". A exposición será
inaugurada o luns 14 de xuño pola conselleira de Traballo e Benestar da
Xunta de Galicia, Beatriz Mato e polo consejero de Familia e Igualdad de
Oportunidades de Castela e León, César Antón Beltrán. Estará aberta ata o
14 de xullo.