Sobre o vídeo da carreira de mensaxeiras do campionato galego de fondo 2014 desde Zaragoza

palomas-mensajeras-volviendo-palomar

Pombos Correios voltando ao pombal

Recentemente, grazas ás novas tecnoloxías, tivemos a oportunidade de poder ver como se efectúa a solta das nosas pombas nun concurso. Podedes velo en youtube: https://www.youtube.com/watch?v=eET1HWTnDpc

Un compañeiro díxome que o vira e que lle pareceu un desastre.  Boteille unha ollada e ¿cal foi a miña impresión? Ningunha…, xa mo supoñía…, qué lle vamos facer…

A columbofilia galega é así, debido na maioría das veces ao escaso orzamento co que se xoga. Só cabe desexar  que as pombas que unhas veces son ceibadas de últimas, outros días as solten de primeiras, e que así, a fortuna reparta unha certa dose de equilibrio…

Nembargantes, isto pon de manifesto que é preciso ir axustando pequenas cousas e perfeccionando outras dentro do pouco que temos… e abofé que pequenas melloras son posibles.

Deja un comentario